Carballo, Carnota e Ponteceso saen á rúa polo crime de Oia
07:26 05/06/23
Este sábado Ana Vanesa era asasinada en Oia. E dende o Colectivo Feminismo en Pé quere sumarse ás convocatorias do movemento feminista galego ante o feminicidio. Así o fan tamén dende os Colectivos Sonlilá de Carnota e dende o Concello de Carballo.
Por iso convocan a toda a veciñanza a participar en varias concentracións este luns 5 de xuño:
- ás 20:00h na Praza do Concello de Carballo.
- ás 20:00h na Praza da Pedra de Carnota.
- ás 20:00h na Praza do Recheo de Ponteceso.