Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Unha comunidade de veciños de Ponteceso pide o arranxo dunha zona común para evitar as inundacións no seu garaxe

Aparcadoiro cheo de zahorra
A zona de Aparcadoiro que hai embaixo do edificio queda cheo de terra polas riadas
Unha comunidade de veciños de Ponteceso pide o arranxo dunha zona común para evitar as inundacións no seu garaxe

Ponteceso é unha das vilas da comarca quemáis sofre as inundacións, como comprobamos co paso da Borrasca Karim. Pero no alto edificio amarelo que escolta a vila de Pondal á entrada dende Tella non só sofren as consecuencias da chuvia os días de temporal. Calquera día que caian unhas cantas chuvieiras, as 24 familias do edificio xa teñen problemas nos seus baixos, tanto na estrada como no seu garaxe.

A problemática vén de lonxe, pero agravouse hai pouco máis de ano e medio, cando o concello comezou a realizar as obras de acondicionamento dun espazo público que hai a carón do aparcadoiro, pero non as rematou. Eran eleccións municipais e as obras quedaron a medias, deixando a zona moito peor do que estaba, de xeito que se forman unhas riadas cheas de terra baixando pola rúa lateral, que entran pola rampa do garaxe, e mesmo se colan polos condutos de ventilación do garaxe provocando inundacións dentro do mesmo.

Son innumerables as veces que a comunidade de veciños ten denunciado a situación e pedido que se solucione, tanto a nivel oral como mesmo por escrito, obtendo sempre unha resposta ambigua por parte do alcalde. Sempre que preguntan vaise solucionar o asunto pero nunca se retoman as obras.

Dende a comunidade lembran que “non é unha guerra contra ninguén, só queremos que se solucione un asunto que nos provoca grandes molestias”. Por iso piden que dunha vez se arranxe esa zona común situada a carón da entrada do garaxe, así como a solucionar a recollida de pluviais que hai nesta calle paralela o edificio.

Precisamente esta semana o alcalde Lois Carballido participou nunha reunión coa subdelegada do goberno para solicitar axudas ao Ministerio.

Novas relacionadas

comentarios