Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Concello de Ponteceso culmina a estabilización 34 postos de traballo municipais

Firma convenio taballadores Concello POnteceso
Firma do convenio
O Concello de Ponteceso culmina a estabilización 34 postos de traballo municipais

Dende o luns 21, 34 traballadores temporais do Concello de Ponteceso pasaron a ser traballadores fixos do goberno local en cumprimento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Foi coa sinatura dos contratos como se rematou o proceso de estabilización de postos que pertencen a diversas áreas e abranguen a todas as categorías dende os servizos de limpeza e obras e servizos ata ao persoal técnico.  

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato Martínez, quixo destacar que "foi un dos días máis felices do que leva de mandato". “Foi todo un orgullo poder asinar os contratos de todas as persoas que durante moito tempo levan traballando polo ben do Concello. Non é algo que outorguemos os alcaldes senón que é un dereito que os traballadores acadaron froito do seu esforzo”, resaltou Mato Martínez.  “Quero recoñecer a labor dos representantes dos traballadores. Persoas como Rubén Pérez, Alejandro Rodríguez, Pedro Álvarez, Fernando Calvo e Jose Luís Fernández contribuíron a que este proceso rematara con éxito no día de onte” expresou o alcalde.

Comentarios