A concentración parcelaria de Cores-Nemeño afronta a recta final

12:58 08/11/23
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato mantivo unha reunión coa Consellería de Medio Rural para analizar os diferentes instrumentos que facilita a vixente Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
O Conselleiro avanzou que proximamente entregarán os títulos da concentración parcelaria de Cores-Nemeño, que suporá a reorganización de 2.658 parcelas e beneficiará a 546 propietarios.
Ademais, avaliouse a posibilidade de implementar un polígono agroforestal nesta localidade e o conselleiro comprometeuse a organizar unha charla para os veciños deste concello sobre agrupacións de xestión conxunta e polígonos forestais.