Convocada unha reunión informativa sobre a repotenciación do Parque Eólico de Corme

19:09 13/11/19
Temos falado estes días da polémica repotenciación do Parque Eólico de Corme. Pois todos os afectados poderán achegarse este xoves 14 de novembro ás 19:00h ao Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte (MACMO) a unha Xuntanza Informativa.
Estarán presentes dous membros da empresa, Joaquín García Boto e Juan Rey, e intentarán poñer ao día o estado do proxecto e a relación coa Asociación de Veciños. Unha boa ocasión para que algún dos afectados pregunten por que levan 19 anos sen cobrar.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 19: “Levamos 19 anos sen cobrar cun muíño e unha pista atravesando a nosa finca”.
- Novembro 19: Prantan cara á empresa dos eólicos de Corme, que leva ata 18 anos sen pagar a varios veciños afectados.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- Setembro 17: A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.