Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Convocan unha concentración en Ponteceso para apoiar a Jenni Hermoso

concentracion con Jenni en Ponteceso
Convocan unha concentración en Ponteceso para apoiar a Jenni Hermoso

Acabou chegando ata a nosa comarca a polémica sobre o presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales. O colectivo Feminismo en Pé, en colaboración cos clubs Corme CF e SD Ponteceso, convoca unha concentración na Praza do Recheo de Ponteceso este luns 28 de agosto a partir das 20:00h.

#acabouse e “Contigo, Jenii”, son os lemas da concentración que pretende pelexar contra “o sistema que non respecta ás mulleres”. Un sistema que permite que un señor realice un semellante abuso de poder de agarrar e plantarlle un bico a unha asalariada, cargue a responsabilidade sobre a propia xogadora e despois realice unha das roldas de prensa máis infames que se recordan no deporte estatal, demostrando a impunidade que sinte o sector máis rancio da dereita.

Comentarios