Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corme énchese en agosto co programa de Insua de Viastela

Contaminacion Luminosa en Corme
Imaxe das I Xornadas sobre a Contaminación Luminosa
Corme énchese en agosto co programa de Insua de Viastela

Cun Mar de Relatos, a proposta de lectura conxunta do MACCMO, comeza este día 3, o programa para o mes de agosto da activa Asociación Cultural Insua de Viastela de Corme. Uns obradoiros que se repetirán os días 10, 17 e 24 de agosto.

Para as noitas de 4 e 18 de agosto poderemos ir con Suso Lista a descubrir petroglifos á noitiña.

E os 5 e 17, os paseos nocturnos serán en clave hisrX tórica.

Xa os días 10 e 11 haberá un obradoiro para iniciarse no manexo de drons.

O 12 de agosto chegan as II Xornadas Contaminación Luminosa, cunha visita nocturna ao MACCMO, e proxección fotografía nocturna de Drew Korme comentada polo autor.

O 13: Presentación da obra Galegos no Exército de Euskadi 1936, 1937 de Sergio Balchada Outeiral.

O día 19 continúan as II Xornadas Contaminación Luminosa, e fano cunha Charla-Exposición sobre contaminación luminosa Agrupación Astronómica IO.

As Xornadas continúan o 23, cunha saída nocturna para iniciación a fotografía nocturna con Drew Korme; e o 26 cunha nova visita nocturna ao MACCMO e proxección fotografía nocturna de Drew Korme.

Comentarios