Drew Corme, entre os mellores “Milky Way Photographers” do mundo
10:16 07/10/21
Falabamos con el apenas hai un par de semanas, e hoxe temos que volver falar del por un premio espectacular. Andrés García, máis coñecido como Drew Korme, vén de gañar o certame internacional “Milky Way Contest" de 35awards.
Ademais fíxoo cunha das súas fotos favoritas, co Faro Roncudo debaixo dunha incrible Vía Láctea e enriba da ;máxica Mar de Ardora, nunha serie de fotos nas que tamén saen un par de fotos do Faro Nariga e do Faro Lariño.
Non é doado, pois foron 3623 fotos de 1622 as que participaron no certame no que son 10 os gañadores a nuvem mundial.
”Motivación a máis non poder para seguir mellorando!!”, reflexionaba entusiasmado nas redes sociais.
Faro Nariga
Faro Roncudo