Luns. 14.10.2019
El tiempo

Corme homenaxea á Tripulación do Hélimer ofrecéndolle o pregón da Festa do Percebe do Roncudo

O Helimer en acción nunha foto de Josema Ojén
O Helimer en acción nunha foto de Josema Ojén
Corme homenaxea á Tripulación do Hélimer ofrecéndolle o pregón da Festa do Percebe do Roncudo

”Xa levábamos moitos anos de políticos, actores… facendo de pregoeiros. Era hoxe de dar paso aos que verdadeiramente o merece”. Roberto Vidal Souto, percebeiro e patrón maior de Corme, tivo a idea de ofrecerlle ser os pregoeiros da Festa do Percebe do Roncudo 2019 á tripulación do Helicóptero de Salvamento Hélimer despois de ver vídeo do rescate do percebeiro de Cedeira o pasado mes de setembro. “Démonos de conta da importancia do seu traballo, e todos na confraría estivemos dacordo en propoñerllo”.

O vídeo, a verdade, é que fala por si só, do traballo que levan facendo estes profesionais de Salvamento Marítimo salvando centos de vidas de todas as xentes do mar. De aí a homenaxe de todo un pobo mariñeiro.

A idea é facer un simulacro, pero aínda quedan moitos permisos que conseguir.

Camiño de ser Festa de Interese Turístico Nacional

Dende o pósito amósanse ilusionados coa iniciativa para que a Festa do Percebe do Roncudo sexa Festa de Interese Turístico Nacional. De feito, foron os propios percebeiros os que levan tempo, nas últimas reunións, incidindo ao alcalde que tire do tema para adiante, pois é algo que se ten que facer dende o concello. “Nós levamos tempo insistindo, e o alcalde dixo que non é fácil pero que o Concello vai axudar a conseguila”, explica Vidal Souto.

Lembren que a festa de exaltación do mellor percebe do mundo, que vai pola súa 27ª edición, será o 6 de xullo.

Novas relacionadas

Comentarios