Venres. 19.04.2024
El tiempo

Para que a Festa do Percebe do Roncudo sexa Festa de Interese Turístico Nacional

Foto de Marcos Rodríguez dunha Festa do Percebe do Roncudo
Para que a Festa do Percebe do Roncudo sexa Festa de Interese Turístico Nacional

Se ben temos Festas de Interese Turístico de Galicia, (o Asalto está en camiño, esperemos), só a Romaría da Virxe da Barca ten este distintivo a nivel nacional.

Pero pode que non sexa a única, se prospera a proposta do Concello de Ponteceso. O pleno aprobaba por unanimidade unha moción presentada pola concelleira socialista Susana Toja para comezar os trámites e conseguir que a Festa do Percebe do Roncudo sexa declarada de Interese Turístico Nacional, unha vez que ten o distintivo autonómico dende hai 5 anos.

Este ano, a festa de exaltación do mellor percebe do mundo, que vai pola súa 27ª edición, será o 6 de xullo.

Novas relacionadas

Comentarios