Corme non cansa de loitar pola TDT
09:40 29/07/11
A Asociación de Veciños Eduardo Pondal, de Corme, vén de recibir unha carta do Valedor do Pobo en relación á contestación sobre as queixas presentadas pola Asociación por mor das deficiencias da sinal de TDT no pobo. Os membros da Asociación non dan crédito, xa que na resposta, o Valedor asegura que o sinal da TDT en Corme “resulta suficiente”.
Pero lonxe de deixar de loitar, os cormeláns seguirán a procurar alguén que os escoite, i é que segundo contan, “seguimos sen poder recibir axeitadamente canles como as públicas estatais e tamén algunhas privadas como as de Antena 3”. Os veciños de Corme tildan esta situación de “lamentable”.
Entre as actuacións que van desenvolver nas vindeiras datas, están a gravación de emisións en distintos fogares para envíalas á Secretaría Xeral de Medios, a Consellería de Industria e ao Concello de Ponteceso. Tamén teñen pensado elaborar un informe sobre a situación da Televisión Dixital Terrestre na vila, coa realización do mesmo por parte de profesionais do sector.
Novas relacionadas
- Morre un home en Corme logo de emborcar a súa embarcación.
- Ponteceso e Corme soben ás dúas rodas.
- Ponteceso inaugurou o novo Centro Sociocultural de Xornes.
- Ponteceso desenvolverá un plan de Ecoturismo coa axuda do GAC.
- Nota de prensa da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme.