Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ponteceso e Corme soben ás dúas rodas

Ponteceso e Corme soben ás dúas rodas
Dobre cita coas dúas rodas a que nos ofrecen dende o Concello de Ponteceso para os vindeiros dous domingos. Trátase do XIX Día da Bicicleta e da VIII Ruta Cicloturística. Por orde das datas, este domingo, 31 de xullo, a vila de Ponteceso celebrará a decimonovena edición do Día da Bicicleta. A saída será ás 11:00h da mañá na praza do Relleno. Para inscribirse, hai que dirixirse á mesma praza a partir das 10:00h do mesmo día. Ruta Cicloturística en Corme Por outra banda, o domingo 7 de agosto, Corme celebrará a oitava edición da Ruta Cicloturística. A saída será ás 11:00h da mañá no peirao. Para inscribirse seguirase o mesmo procedemento que no caso de Ponteceso, dende unha hora antes de que comece a actividade no lugar de inicio da mesma. Dende a organización apuntan que haberá agasallos para todos os participantes. Tamén apuntan a obligatoriedade de levar casco. Para obter máis información hai que dirixirse ao Concello de Ponteceso, no teléfono 981 714 000 ou á Oficina Municipal de Corme, no 981 738 428. Novas relacionadas Fonte
  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso, da man de Óscar Manuel Rey Calo.

Comentarios