Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corme recupera as historias dos seus represaliados

Fernando Vidal contando a historia dos agoachados de Corme
Fernando Vidal contando a historia dos agochados de Corme
Corme recupera as historias dos seus represaliados

“Cando lemos historias na prensa ou vemos na tele a nivel estatal, sempre hai un acontecemento semellante en Corme, ou directamente había alí un de Corme”. Así explica o profesor Fernando Vidal a intención da Asociación Cultural Insua de Viastela de recuperar as historias que hai detrás dos máis de 300 nomes que foron directamente represaliados polo franquismo durante os anos posteriores a 1936.

”Detrás de cada nome hai unha historia”, recoñece, consciente de que o paseo realizado esta pasada fin de semana pola vila é só un pequeno achegamento ás centos de historias que hai aí. Un paseo con 4 paradas simbólicas, no que participaron, non só escoitando as verbas de Vidal senón contando as súas historias, máis dunha vintena de veciñ@s. Xentes como Quico Cruz, José Camiño, Suso Lista, María Suárez… fixeron tamén os seus relatos dos seus achegados.

A primeira parada fun lugar moi especial para a xente de Corme, o Parque Infantil Irmáns Mantiñán, refundado hai 3 anos como homenaxe aos dous irmáns falecidos no bombardeo de Guernika.

A seguinte parada foi na Solaina, falando dos asasinados collidos en Corme e tamén dos que foron moi perseguidos pero que conseguiron escapar gracias á colaboración da veciñanza. Por exemplo, tocou falar de Julio Pérez Núñez, ao que “mataron dúas veces”. Vidal explicou que da primeira vez que saíu preso, el saíra vivo dunha execución, pero se mantivo inmóbil mentres sacaban a pila de cadáveres e conseguía escapar. O home, de de familia de Betanzos, buscou acubillo en Corme, pero acabou sendo collido de novo e executado.
Tamén repasaron a historia de Ezequiel Amor Lema, un dos máis buscados de todo Corme, que conseguiu manterse agochado durante máis de 3 anos e acabou recuperando a súa vida civil.
Na Soleina rescataron tamén a historia de Pancho, que foi asasinado en Xesteda.

Os nomes de Corme de 1936 con Fernando Vidal

Outra parada foi nunha casa onde se agochou Luís Ferro Souto, outro dos máis buscados xunto con Ezequiel, cunha historia singular. Un día chegaron por el, e conseguiu escapar subido ao faiado, desmontando as tellas do tellado, saíndo, volvendo colocalas e manténdose agochado das luces detrás da chimenea.
“Mesmo meus pais, que eran máis de dereitas, recoñecían que tanto Ezequiel como Luís Ferro Souto eran dúas persoas cunha altura moi superior á media. Xentes moi formadas, que daba explicacións a todo, que trataba moi ben á rapazada, e que eran moi respectados”, explica Vidal.

Foi moita a xente que quedou con gañas de participar, polo que xa piden a Vidal e á Asociación que repitan, para o vindeiro curso, esta clase de paseos que rescatan a nosa memoria.

Os nomes de Corme 1936

A Asociación ten creado uns dípticos con todos estes nomes, que podedes pedir:

&Nbsp;

Novas sobre o franquismo

Comentarios