Corme vive días tensos cun rescate por mar e un posible homicidio en terra


Doble situación de emerxencia a que vivía esta fin de semana a pequena vila de Corme. unha no mar, cun iate recuperado por un pesqueiro cormelán. E outro a aparición dunha muller morta, con indicios de posible homicido.
Un iate rescatado
Un pesqueiro cormelán recibía a chamada de auxilio dunha parella que viaxaba no seu iate cara Barcelona, pero á que lle paraba o motor. O barco cormelán non dubidou en acodir a rescatalo e levalo a porto, onde un matrimonio de Ponteceso os acolleron no seu fogar onde puideron ducharse e comunicarse cos seus. Menudo exemplo que dá o pobo de Ponteceso e Corme!
Unha octoxenaria aparece morta
Máis “truculuenta” é a historia da muller de 86 anos que foi atopada morta na súa casa de Corme cun golpe na cabeza. Dada as circunstancias a Garda Civil entende que puido ter sudo un homicidio polo que non se parou a investigación.
Ao parecer, finalmente segundo puido confirmar as forzas de seguridade é foi unha morte natural.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).