O cormelán Alfonso Gómez Cruz disfruta dos primeiros días na alcaldía de Xenebra
Leva xa varios anos sendo un dos 5 vicealcaldes da coalición que goberna a cidade de Xenebra. Pero, no marco de rotación que ten o sistema político da cidade, dende este pasado 1 de xuño é o turno de Alfonso Gómez Cruz como alcalde dunha das vilas máis importantes do país helvético.
O representante dos Verdes viviu unha xornada tremendamente emotiva, acompañado por unha completa delegación galega, na que non faltou a súa nai, Emilia Criz, ou a eurodeputada Ana Miranda.
Toda a delegación do noso país emocionouse de xeito especial cando soou o himno galego durante a investitura.
El mesmo recoñece a importancia da figura do seu avó, republicano represaliado polo franquismo, e a catástrofe do Prestige para forxar a súa identidade política progresista. Declarado galeguista de corazón, chegou mesmo a participar nun programa chamado ”Galiza sempre” en Radio Cité Geneve.
Volve moito pola súa casa, e mesmo ter participado en xornadas informativas sobre iluminación nocrtuna, dando verdadeiras masterclass que os nosos políticos non saben aproveitar.