Martes. 17.09.2024
El tiempo

Cruce de acusións entre o PPdeG e o BNG no Parlamento polo deterioro da ponte da Garga

Cruce de acusións entre o PPdeG e o BNG no Parlamento polo deterioro da ponte da Garga
ponte-garga-ponteceso A ponte da Garga, que comunica os núcleos de Anllóns e A Garga, está en perigo de derrubamento O deterioro da ponte da Garga  que comunica os núcleos de Anllóns e A Garga no concello de Ponteceso e que está en risco de derrubamento foi onte un dos temas de debate na comisión celebrada onte no Parlamento de Galicia. O deputado pola Coruña do BNG - Xosé Luís Rivas - solicitou do goberno galego unha aportación de 70.000 € para sumar aos 100.000 que aporta a Deputación da Coruña. O BNG reclamaba este investimento a través da dirección xeral de Patrimonio "dado o evidente valor patrimonial da ponte e a solicitude de declaración de BIC e tendo en conta as dificultades económicas do concello cunha débeda de 5,5 millóns de euros derivada da xestión dos anteriores gobernos locais do PP, que lle imposibilita facer a achega económica para completar o orzamento necesario para a rehabilitación", sinalan os nacionalistas. rivas-ponte-garga O deputado do BNG, Xosé Luis Rivas, criticou a falta de colaboraciónda Xunta para rehabilitar a ponte da Garga Rivas foi moi crítico ante a negativa do PP de aportar axuda algunha para a rehabilitación da infraestrutura, e advertiu que esa falla de cooperación da Xunta agudiza o deterioro da ponte que precisa unha reparación con urxencia. “Vostedes fan o mesmo ca auga na ponte, minar, en lugar de colaborar e atender a petición das veciñanza para o que só se precisa 70.000 míseros euros”; unha cifra que para BNG é minúscula sobre os 9.000 millóns de euros de orzamento anual da Xunta. O deputado lembrou durante a comisión que o deterioro non se inicia co actual goberno local, senón que leva anos fraguándose e xa empezou a facerse visible en 2005 tras as fortes riadas daquel momento. “Teñen responsabilidade porque cando estiveron no concello non fixeron nada, por iso lamentamos a insolidariedade do PP, sinto moito esa actitude sobre todo cando poderían actuar como cabaleiros e resolver un problema, ao peor é que non o son”, concluíu tras o debate das propostas do Bloque na Comisión parlamentaria de Ordenación Territorial. Titularidade municipal Unha posición moi contraria foi a mantida polo portavoz de Medio Ambiente do grupo Popular - Gonzalo Trenor - quen acusou de “irresponsable” ao alcalde de Ponteceso por “renunciar ás súas obrigas para a reparación da ponte de Garga e esixir a outras administracións públicas o que tiña que ter feito desde o concello”. Trenor considerou que “este alcalde é incapaz de xestionar o seu concello” e unha mostra disto é a ponte da Garga xa que desde o grupo municipal do PPdeG “xa advertimos de que si era certo que as deficiencias foran detectadas en setembro de 2015, xa se tiña que haber reservado unha parte do plan de obras para o arranxo da ponte”. “Esta actuación reforzaría a estrutura e evitaría o deterioro posterior da ponte, ao tempo que esixiría menos recursos e non se prexudicaría aos veciños”, engadiu. O portavoz popular lembrou que a ponte é de titularidade municipal, polo que cuestionou que “se o alcalde gábase de ter superávit e de contar con recursos económicos no concello, por que non se dedicaron cartos á ponte da Garga cando se detectaron os primeiros indicios de deterioro”. Novas relacionadas Fonte

Comentarios