sábado. 09.11.2024
El tiempo

O CSIF denuncia que o alcalde de Ponteceso quitoulle dous vehículos ao GES

sdr_vivid
O CSIF denuncia que o alcalde de Ponteceso quitoulle dous vehículos ao GES

Non acaba de calmarse a situación laboral no Concello de Ponteceso. O combativo sindicato CSIF volve á carga despois de ter denunciado varias veces ao alcalde Lois Carballido. De feito, son 10 aínda as denuncias pendetes dos traballadores no Xulgado polo asunto do GES.

Un Grupo de Emerxencias que se salvaba hai pouco máis dun ano a pesar dunha situación laboral irregular, pero que se mantén en alerta.

A semana pasada o Concello anunciaba a creación dunha Bolsa de Emprego para o GES, sen lembrar que foron as decisións xudiciais as que lle obrigaron a ordenar a situación, e o acusaron de facer “un proceso selectivo ilegal en 2017, obrigándolle incluso a despedir a unha traballadora”, denuncian dende o sindicato.

Dende o CSIF lembran que “os actuais traballadores do GES pasaron un proceso selectivo no ano 2013 baixo os requisitos de mérito, capacidade, igualdade e publicidade onde se presentaron máis de 60 persoas, polo que hai que respetarlles as súas prazas”.

Preguntas ao alcalde

”Queremos saber porque lle retirou os dous vehículos todoterreos de emerxencias dos que dispoñían e que agora lle impiden actuar en moitas emerxencias en Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Laxe e Coristanco impedindo unha correcta atención os veciños”, pregúntanse dende o CSIF.

Pero ademais pregúntanse “por que as gardas se están cubrindo cunha soa persoa e ás veces con ninguén, deixando os veciños sin servizo e incumprindo un convenio que sae a custe 0 € para o concello? Se tanto aposta polo GES en Ponteceso, por que o anda ofrecendo a outros concellos? Pensan todos concelleiros do goberno igual que vostede ou apoian os traballadores?”.

Dende o CSIF pídelle que “xa vai sendo hora de que respecte os dereitos de todos os traballadores e deixe vivir a xente tranquila. Está a xogar continuamente co pan de moitas familias e xa está ben".

Novas relacionadas

Comentarios