Luns. 14.10.2024
El tiempo

Daniel García Cotelo: “Non nos opuxemos ao POS, o alcalde enganounos a todos”

Daniel Garcia Cotelo foi expulsado do ultimo pleno
Daniel García Cotelo foi expulsado do pleno do POS
Daniel García Cotelo: “Non nos opuxemos ao POS, o alcalde enganounos a todos”

O polémico pleno no que Ponteceso deixou marchar 700.000€ de investimento do Plan de Obras e Servizos da Deputación, segue traendo consecuencias en Ponteceso. Ademais da denuncia sindical do uso por parte do alcalde dos traballadores da birgada sindical, hoxe Daniel García Cotelo, voceiro do PP, quere expresar a súa posición.

Cotelo lamenta a posición unilateral do alcalde. “O documento que quixo someter a votación no pleno nada tiña que ver co falado en comisión, polo que nin sequera chegouse a debater. Nós nunca nos opuxemos ao POS, como quere facer crer o alcalde”, explica.

Cotelo califica a Carballido de “trileiro” da política, pois “engana por igual aos seus compañeiros de partido, aos membros da oposición e, o que é aínda máis grave, a todos os veciños de Ponteceso”. Por iso o considera único responsable da perda do POS.

“Reunímonos dúas únicas veces en comisión informativa, sen falar nada previamente. Na primeira rexeitamos que destinase o diñeiro a gastos xerais e na segunda presentou unha proposta precisamente nese sentido”, conta. Ademais denuncia que Carballido prometeu obras por 52.000 en cada unha das parroquias cando a proposta do POS destinaba prácticamente o total do POS a gastos xerais e a pago a proveedores. “Esas obras que prometeu aos veciños son papel mollado, pois os incluía con cargo a un futuro POS complementario”.

“Convócanos, o último día antes de que expire o prazo para optar ao POS, con dous puntos na orde do día. Un era expulsar aos seus concelleiros do grupo de goberno e outro as actuacións a incluír no plan provincial”, relata o portavoz popular, que asegura que nunca se chegou a debater o Plan de Obras e Servizos “porque non se aprobou a urxencia ao ver que, unha vez máis, o alcalde enganounos a todos”.

Eterna petición de dimisión

Para o PP, “o único futuro para Ponteceso pasa por que Lois García Carballido deixe a alcaldía. É a única forma de que deixe de facer dano ao noso concello unha persoa que nin sequera soubo aguantar unha holgada maioría absoluta que podería ser ata beneficiosa para a nosa situación económica, con liberdade para poñer en marcha proxectos e investir de xeito coherente os recursos económicos con que puidésemos contar”.

En todo caso, a sombra da moción de censura segue pendente de Ponteceso, sen que ningún dos grupos da oposición (APN, PP e non adscritos) se decidan a dar o paso.

Novas relacionadas

Comentarios