Venres. 26.04.2024
El tiempo

Denuncian o uso político da Brigada de Obras de Ponteceso

Brigada de Obras de Ponteceso
Brigada de Obras de Ponteceso
Denuncian o uso político da Brigada de Obras de Ponteceso

Continúa a polémica arredor da perda dos 750.000€ do POS+ trala negativa do pleno á proposta, sen consenso, do alcalde. Unha situación que vén de provocar reaccións de todo tipo, como o uso da propia da propia Brigada de Obras para denunciar a situación.

Así o sinala o sindicato CSIF, con maioria absoluta no Concello de Ponteceso tanto no persoal laboral como de funcionarios, que denuncia o “uso político por parte de UGT de traballadores do POS para presionar á oposición e que vote a favor do Plan Único da Diputación, coma se fosen estes os responsables da nefasta xestión laboral do Alcalde, Lois García Carballido”.

O voceiro do sindicato, Alfonso Espiñeira pregúntase “se alguén con dous dedos de fronte cre que o sindicato CSIF ou a Corporación enteira non quere que 16 persoas traballen, polo tanto, instamos a UGT que non intente enredar e mentir para salvar a García Carballido”, e lle piden aos responsables de UGT que “convenzan a Carballido para estabilizar aos traballadores, e que non teñan que ir ao Xulgado a gañar as fijezas, que se firme un Acordo Regulador e un Convenio Colectivo digno, que se faga unha RPT que reflicta a realidade e onde os traballadores/as perciban o salario que lles corresponde, e que non se persiga nin acose aos traballadores/as e, xa que estamos, e á vista que teñen acceso a informes que descoñecen o Comité e os Delegados de Funcionarios”.

Aproveitan dende o CSIF para facerlle varias preguntas ao rexedor:

  • ”Que pasou coa Oposición, proceso selectivo dos Socorristas, onde o Alcalde Sr. García Carballido saltouse os informes de Secretaría e Intervención e a proposta do Tribunal e a dedo aprobou a dúas persoas?”.
  • ”Quen falsificou, e con que fin, a firma dun traballador na gasolinera para encher o tractor municipal?”
  • ”Quen enviou un SMS o mesmo día da investidura a traballadores/as ameazando e dicindo: “Will call you latter?””
  • ”Quen contratou, pagou, e con que diñeiro, e fin, a un Detective privado para acosar aos empregados/as?”
  • ”Quen foi á casa dos empregados/as a presionalos e acosalos?
  • ”Quen ameazou nun garaje ao Presidente do Comité para que se fose de CSIF a UGT?
  • ”Hai ou houbo cámaras ou grabadoras instaladas no Concello?
  • Quen intentou ata o último minuto non renovar a Addenda do GES para botalos e ata ofrecerllos a outros Concellos desacreditándolos e usándoos coma se fosen mercancía?”

Así, Espieira pide que “a UGT defenda ao resto de empregados/as que levan sufrindo persecucións e acoso anos”.

Novas relacionadas

Comentarios