![Unhas 50 persoas particiciparon no primeiro roteiro organizado pola asociacion deportiva Abellariza]()
Unhas 50 persoas participaron no primeiro roteiro organizado pola asociación deportiva Abellariza
Uns 50 camiñantes puxeron este domingo as botas para participar na primeira andaina organizada pola
agrupación deportiva Abellariza de Ponteceso. O bo tempo e as panorámicas fixeron que os doce quilómetros da ruta se fixeran facilmente. A expedición partiu da praza do Recheo de Ponteceso e chegaron ata luagares coma o Alto da Facha.
A próxima actividade que xa están a organizar dende Abellariza é a
"Carreira polo amor ao arte" en colaboración coa asociación Monte Branco do Couto. Trátase de recuperar unha antiga carreira que se facía o redor dos lugares do Couto, na que se pretende que en cada parada haxa un atractivo diferente: nunha estará un gaiteiro, noutra unha pequena representación teatral, noutra uns pinchos,... "Será máis que unha carreira un paseo e unha forma de confraternizar para todos os participantes, na que se intentará que participen pequenos e maiores e sobre todo recuperar esa tradición que viña de antigo, sin presas, sin cronometraxes e sin ánimos de que haxa gañadores nin vencidos", indican os organizadores.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Abellariza