Detido un reincidente por causar un incendio cos seus fogos artificiais tralas Festas dos Remedios de Corme
Xa é o terceiro caso semellante dende o verán que asuntos de pirotecnia rematan nos xulgados por provocar incendios. Desta volta, o Equipo de Seprona de Arteixo procedeu á detención e inmediata posta en liberdade, dun veciño de Coristanco que, carecendo da correspondente autorización do concello de Ponteceso e como consecuencia dunha neglixencia ao lanzar fogos artificiais, orixinou un incendio forestal.
Os feitos remóntanse ao 24 de setembro, cando por motivo das Festas de Nosa Señora dos Remedios de Corme-Porto, en Ponteceso, produciuse un incendio nunha zona de difícil acceso e que afectou a un espazo natural de protexido (chan rústico de protección forestal de espazos naturais e de protección de costas), cunha superficie total de 0.258 hectáreas entre piñeiros e eucaliptos.
Dende a Garda Civil destacan que o mesmo individuo foi investigado por un incendio forestal orixinado polo lanzamento de Bombas palenque.
Zona do incendio en Corme provocado por uns fogos de artificioNovas relacionadas
- Setembro 2017: Detido un veciño de Coristanco como presunto autor de dous incendios forestais.
- Agosto 2017: Investigan o dono dunha pirotecnia por un incendio forestal
- Agosto 2017: A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais.
- Agosto 2017: Deteñen un home de Sardiñeiro que levaba provocando incendios desde agosto de 2016.
- Agosto 2017: O punto limpo de Muros sufriu un incendio probablemente provocado.
- Agosto 2017: Lamentan a falta de asistencia de Autoestradas de Galicia nun incendio en plena peaxe.
- Agosto 2017: O Tira do Cordel sufríu un pequeno incendio en plena faena.
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Garda Civil.