Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Dezasete, a gran cita do Día das Letras Galegas

odezasete_ocouto_2023
O Dezasete, a gran cita do Día das Letras Galegas

Co traslado nos últimos anos do Festiletras para setembro, a aldea do Couto, a aldea das Letras, celebra o Día das Letras Galegas cunha xornada moi singular. O Dezasete é a aposta da Fundación Eduardo Pondal que segue a convertir a pequena aldea pontecesá nun dos epicentros culturais de todo o país.

Faino cunha programación espectacular, pero tamén con eses famosos premios Bos e Xenerosos de 2023. Este ano, a Fundación vai recoñecer a labor dos escritores Manuel Rivas e María Canosa, o artista carballés Manuel Facal e a xornalista Pilar García Rego.

Os premios entregaranse no marco deste programa: 

Programa O Dezasete

11 horas. O lanzamento de foguetes e a Banda de gaitas Inllar marcarán o inicio do percorrido polos rueiros da aldea ata ao emprazamento do mural.

11:10. Inauguración da creación plástica de Mutante Creativo na lembranza dos nosos primeiros “Bos e Xenerosos”: Díaz Pardo, Neira Vilas e Anisia Miranda.
A xornalista Patricia Blanco conducirá o acto no que participará o Presidente da Fundación Neira Vilas e que rematará coa interpretación musical do poema “Ai Amor” da man de Mero Iglesias e A Quenlla.

12:00. Misa en galego na igrexa parroquial de SanTirso na memoria de todos e todas os colaboradores e participantes na nosa Festa das Letras.

12:25. O repique de campás e o estourido das bombas marcará o inicio do acto no adro:
- Interpretación do Himno Galego a cargo da Coral A Oliveira de Monte Branco.
- Ofrenda floral cívica.
- Inllar interpreta o Himno do Antigo Reino e, acompañados do actor figurante de Eduardo Pondal, camiñaremos ata o salón de actos da Fundación.

12:45. Presenta o acto, como xa é habitual, Patricia Blanco e pon a banda sonora a saxofonista Blanca Represas. 
Serán homenaxeados e homenaxeadas nesta edición do 2023: Pilar García Rego, Manuel Facal, María Canosa e Manuel Rivas que recibirán o busto pondaliano a mans de autoridades da Xunta, Deputación e Concello.

13:15. Colaboradores e colaboradoras da Casa da Muller servirannos uns petiscos e un viño galego.
A rapazada disfrutará duns xogos animados polo alumnado do curso de monitorado de tempo libre polas eiras da aldea.
O grupo de danza tradicional de Inllar agasallaranos cunhas pezas na eira. 

13:45. No Quinteiro poderemos disfrutar da exposición na lembranza do 75 aniversario da orquestra Venus cunha pequena mostra de Artesanía e Libros (dous clásicos na nosa celebración) e cun espazo para a sinatura de obras literarias de autores presentes neste día.

14:00. Sesión vermú animada por Berto.

15:00. Xantar das Letras.

18:00. Fin de festa.

Comentarios