Domingo. 24.10.2021
El tiempo

Diego Pérez Carpeño gañou o concurso de debuxo “Ponteceso co Camiño”

Debuxo de Diego Perez para o certame Ponteceso no Camino
Diego Pérez Carpeño gañou o concurso de debuxo “Ponteceso co Camiño”
O colectivo Ponteceso Cultura Permanente organizou o concurso de debuxo “Ponteceso co Camiño” coa intención de participar na iniciativa internacional da plataforma embaixada.gal e, ao mesmo tempo, atopar a imaxe representativa do concello.

A plataforma que tan representa á nosa diáspora, baixo o tema “O Camiño de Santiago; todos os camiños levan a Galicia”, teñen como finalidade e, durante este ano 2021 e o próximo ano 2022, contribuír á promoción do Xacobeo e do patrimonio do Camiño dende as diferentes partes do mundo. A comisión de selección de PCP composta por Ginés Liébana, Ángel de la Cruz Blanco, Borja Biuces Renard, Xaquín Bieito Marín Formoso, Xesús Palmou Lorenzo, Xosé Manuel Remy e Concha Blanco Blanco, de acordo coas bases, valorou o talento, a calidade técnica, a innovación e a orixinalidade das obras que se presentaron ao concurso.

A ilustración gañadora foi a de Diego Pérez Carpeño. Nacido en Madrid o 15 de outubro do 1965, escéptico por deformación, non cree en case nada do establecido como veraz. É autodidacta de formación e de espíritu, desafoga as súas inquedanzas creativas coa escritura e a pintura, fundamental válvula de escape para sobrevivir ao traballo que como taxista en Madrid exerce. A paixón pola escritura levouno a publicar “Anécdota de taxistas” e “ Guillotina para títeres”. A fermosa ilustración de Diego Pérez Carpeño formará parte do proxecto que embaixada.gal está a preparar para o 25 de xullo.

Novas relacionadas

comentarios