Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

O Mar de Ardora volve iluminar as praias da Costa da Morte

A maxia volveu esta pasada semana á Costa da Morte. O Mar de Ardora, ou a Ardentía, volveu aparecer na noite costeira en diferentes praias. Dende a praia do Pindo ata a Ermida, en Corme, afeccionados á astrofotografía como veciños en xeral disfrutaron desta máxica explosión de cores que provoca unha “alga que se chama Noctiluca que se ilumina como un mecanismo de defensa para evitar ser comida, pois así se un peixe a come iluminaráse e outro depredador máis grande o atoparía fácil para comelo el”. Así nolo explicaba o metereólgo Carlos Balseiro, que recoñece que “é un fenómeno que ocorre de cando en vez en Galicia e crea estampas incribles”.

Felipe Santos cazouna na praia da Ermida, onde tamén a disfrutou Drew Corme, o picadiscos e astrofotógrafo cormelán, co seu amigo Mauro Méndez, na praia da Ermida. Xa o conseguira o ano pasado, cando nos deixou un espectacular timpelapse, e este pasado mes de xullo. Pero seguíu atento ás novas oportunidades e conseguíu gravar todo este material en vídeo.

Mar de Ardora no Pindo-Foto-Felipe Santos
Foto de Felipe Santos no PIndo

 

Novas relacionadas

O Mar de Ardora volve iluminar as praias da Costa da Morte