E a regueifa convertiuse en arte
Estamos desexando ver o a gravación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A entidade achegouse ao rural máis profundo da Costa da Morte para celebrar o Día Mundial da Narración Oral. E o fixo, como fixera xa no 2011 en Cabana e Cerqueda, para realizar unha “Polafía”, unha colleita de saber popular que quedará nos arquivos e nas mentes de todo Bergantiños.
Foi a primeira Polafía que se desenvolve nunha escola en activo, no Centro Rural Agrupado CRA Nosa Señora do Faro, Tallo, Ponteceso, e precisamente varios nenos do colexio rural acodiron a escopitar aos seus avós e aprender da súa sabedoría. E así o referenda o lema desta iniciativa, “Non deas a esquecemento”, que fai da copla e da regueifa un verdadeiro tesouro patrimonial.
Unhas 80 persoas, entre adultos e nenos, encheron a Escola rural, nesta cita que servía ademais de homenaxe a Calviño de Tallo, célebre regueifeiro.
Interviron 4 meniños e meniñas, entre eles unha boa descuberta, como nos conta o bo de Antonio Reigosa (ollen e disfruten dos mitos e lendas galegas en www.galiciaencantada.com), un estudioso da cultura galega, que marchou ca boca aberta despois de escoitar o acordeón de Eloi Mato, un rapaz de 14 anos.
Pero os protagonistas foron as 6 regueifeiras e o regueifeiro Suso de Xornes, que se tivo que batir en ”duelo” coa mesma filla de Calviño de Tallo, Obdulia (Xornes), que contou moitas historias do seu pai.
Contaron e cantaron tamén as Carmen Eiroa (Pardiñas-Tallo), que falou da afamada Leonarda de Tallo); ou Teresa (A Campara-Cores), que lembrou ao Cadete de Figueroa-Cores; Carmen (Mandián-Xornes), recordando a Mandián de Xornes; Matilde Vilariño (Dombate-Borneiro), que recitou un poema sobre os regueifeiros, composto especialmente para esta Polafía; ou Lola, de Pardiñas (Tallo) e Dolores do Coxo (Borneiro).
Esperamos como auga de maio este tesouro audiovisual gravado pola AELG.
Novas relacionadas
- Tallo celebra cunha Polafía o Día Mundial da Narración Oral.
- 2011: Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- 2011: A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
Máis novas
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).