Venres. 26.04.2024
El tiempo

Elisardo e Teresa apréndenos con PontenaFala a facer xoguetes tradicionais no Museo do Pobo Galego

Elisardo e Teresa apréndenos con PontenaFala a facer xoguetes tradicionais no Museo do Pobo Galego

Dende 2013 levaba paralizado o fermoso proxecto de recuperación oral Ponte na Fala. Pero dende este mes de xaneiro, a concellaría de Cultura de Carlos Penedo deulle un novo impulso ao proxecto coordinado dende 2012 polo técnico Tono Formoso para a Área de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso.

Novos testemuños que xa están no blog de Ponte na Fala, novos vídeos que recuperan saberes tradicionais e nos axudan a valorar o fermoso xeito de falar dos nosos veciños.

Dous dos últimos vídeos colleitados, presentados polo proxecto Ponte na Fala ao Premio Youtubeir@s, foron ademais seleccionados para a Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. “Elisardo fai un carro de xoguete” e “Teresa fai unha boneca de pau” proxectaranse o día 23 no museo , na 13ª edición da Mostra de Cinema Etnográfico (MICE).

Fonte

Comentarios