mércores. 14.05.2025
El tiempo

En marcha a Feira-Exposición-Paseo Cabalar de Ponteceso

En marcha a Feira-Exposición-Paseo Cabalar de Ponteceso

A Asociación Cría Cabalar de Ponteceso, xa prepara a Feira-Exposición-Paseo Cabalar, que este ano será os días 23 e 24 de Xullo no Campo do Pinguel (Ponteceso). Será xa a 18ª edición., o que dá conta da súa incidencia no mundo cabalar da Costa da Morte.

Segue así a directiva intentando convertise como referente no mundo equino da nosa bisbarra e na zona Noroeste de Galicia.

Programa

Os Actos programados para o sábado 23 son:

  • A partir das 18:00h:
    - Concurso de obstaculos (circuito programado), con premios para o 3 primeiros clasificados en metálico.
    - Churrasco GRATIS para todos os que se acerquen o recinto.
    - Actuacion de EventosOn con Dj Grobas e Dj Miguel.
    - Posibilidade de acampar cos cabalos no propio recinto feiral.

Os Actos programados para o día, domingo 24 son:
- 10:00h - Apertura da feira.
- Stand de forja pola empresa poniforja.
- Paseo guiado polo pobo.
- Presencia de tratantes de cabalos.
- 11:00h - Paseos en poni para nenos (empresa Poniforja contratada pola Asociación)-
- Demostración de habilidades á vaquera.
- 18:00h - Regueifeiros.
- Sorteo dun poldro ás 19:00 da tarde.

Ademáis o domingo contarán con un servicio de pulpeira acondicionado nunha gran carpa; por un prezo de 10 euros para os xinetes e gratis para os socios da Asociación Cria Cabalar de Ponteceso.

Os membros desta Xunta Directiva son os seguintes:

  • Presidente: Manuel Martínez Amado.
  • Secretario: Esteban J. Rey Calvo.
  • Tesoureiro: Jesús Ameijenda Martínez.
  • Vocal: Martín Mato Pose.
  • Vocal: Santiago Fondo Blanco.
  • Vocal: Enrique Manuel Rodríguez Varela.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Cría Cabalar de Ponteceso.

Comentarios