Martes. 23.04.2024
El tiempo

En V bus de Festival

En V bus de Festival

Impresionante a proposta do Festival Con V de Valarés. Un festival que segue crecendo enteiros, e que abrangue moitas máis cousas que a música. Se xa fixemos un repaso polo cartelón deste 2012, hoxe damos conta doutras cousas da organización.

Pero antes lembramos que xa se seguen vendendo entradas a ritmo vertixinoso (podes xa mercalas a través da rede). E cómpre destacar, como nos apunta Adrián Varela, que moitas das entradas están sendo vendidas para xente de fóra de Galicia, todo un éxito, que sitúa ao festival como referencia no verán costeiro.

V Bus

Rutas do V Bus do Festival Con V de Valares 2012

A última é unha grande aposta pola recuperaciónn da utilización de transporte público. I é que nestes tempos nos que soplar mete medo a calquera, que mellor que esquecerse do coche, coller a tenda de campaña e marchar dende a túa vila a Valarés. Así VdeValarés en colaboración co concello de Ponteceso, Transportes Cotelo e Transportes J.Pombo, crean a rede Vbus, que promove un servizo de transporte gratuíto para todos asistentes ó festival dende Ponteceso e outras localidades da Costa da Morte.

Rutas do V Bus

A saída farase o sábado 18 de agosto as 10:00 da mañá. E a Volta, domingo 18 de agosto as 10:00 da mañá!

  • Ruta 1: Corme, Corme Aldea, O Couto, Ponteceso, Valarés.
  • Ruta 2: Malpica, Mens, A Campara, Ponteceso, Valarés.
  • Ruta 3: Carballo, Buño, Pazos, Tella, Ponteceso, Valarés.
  • Ruta 4: Laxe, Canduas, A Carballa, Neaño, Ponteceso, Valarés.
  • Ruta 5: Vimianzo, Baio, Borneiro, Cesullas, Valarés.
  • Ruta 6: Coristanco, Agualada, Mata, Corcoesto, Beres, Valarés.

Concurso de Instagram

E unha das novidades é o Certame de foto Instagram ConV. Só tes que facer as fotos que queiras durante o día do festival, co teu smartphone e/ou tablet e súbeas a Instagram, mencionando ao Festival con @vdevalares no Twitter.

Entre as mellores fotografías que nos cheguen, mencionándonos, elixiremos un gañador, ao que premiaremos cunha camiseta exclusiva, firmada por Nita de Fuel Fandango.

Máis información

Novas conV

Máis novas festivaleiras

Comentarios