Un equipo do IES de Ponteceso, valorado pola Axencia Espacial Europea

O proxecto PonteSAT do IES pontecesán levou un accesit na categoría de valor científico e na de competencias profesionais.
O certame pretende fomentar os¡ coñecementos prácticos en enxeñaría aeroespacial a pequena escala. Durante todo o proceso, os participantes realizaron as fases dun proxecto espacial real, desde a elección dos obxectivos da misión ata o deseño do Cansat, un proxecto de simulación real dun satélite do tamaño dunha lata de refrescos do que a semana pasada se fixeron os lanzamentos desde o aeródromo de Rozas.
O desafío para todos eles consistiu en introducir nun espazo reducido os principais subsistemas dun satélite real. Lanzaron desde un dron os CanSat deseñados (do inglés can, lata; e sat, satélite) ata unha altitude aproximada dun quilómetro e, a partir de aí, comezou a misión práctica: conseguir a execución dun experimento científico, logrando unha aterraxe sen danos e a análise de datos recompilados durante o descenso.