Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un equipo do IES de Ponteceso, valorado pola Axencia Espacial Europea

PonteSAT_IESEduardoPondal
Equipo do IES de Ponteceso creador do PonteSAT
Un equipo do IES de Ponteceso, valorado pola Axencia Espacial Europea
11 equipos escolares participaban este curso no certame de Proxectos Espaciais CANSAT, promovido pola Axencia Espacial Europea (ESA), co apoio da Xunta de Galicia. Se ben os gañadores foron @s alumn@s do equipo BujanSAT do IES David Buján de Cambre (que pasan á fase estatal e optarán á Europea), outro dos proxectos mellor valorados polo xurado foi o do IES de Ponteceso.

O proxecto PonteSAT do IES pontecesán levou un accesit na categoría de valor científico e na de competencias profesionais.

O certame pretende fomentar os¡ coñecementos prácticos en enxeñaría aeroespacial a pequena escala. Durante todo o proceso, os participantes realizaron as fases dun proxecto espacial real, desde a elección dos obxectivos da misión ata o deseño do Cansat, un proxecto de simulación real dun satélite do tamaño dunha lata de refrescos do que a semana pasada se fixeron os lanzamentos desde o aeródromo de Rozas.

O desafío para todos eles consistiu en introducir nun espazo reducido os principais subsistemas dun satélite real. Lanzaron desde un dron os CanSat deseñados (do inglés can, lata; e sat, satélite) ata unha altitude aproximada dun quilómetro e, a partir de aí, comezou a misión práctica: conseguir a execución dun experimento científico, logrando unha aterraxe sen danos e a análise de datos recompilados durante o descenso.

Comentarios