Venres. 26.04.2024
El tiempo

“Estanse forxando cimentos para que o Kickboxing na zona de Bergantiños teña denominación propia”

“Estanse forxando cimentos para que o Kickboxing na zona de Bergantiños teña denominación propia”
Cipriano Gomes nas Escolas de Kickboxing de Ponteceso Cipriano Gomes coordina a través da súa Fundación as Escolas Municipais de Kickboxing de Ponteceso

Esta semana comprobábamos o gran nivel dos deportistas das Escolas Municipais de Kickboxing de Ponteceso coa consecución de 3 medallas nos Campionatos de España. Sabendo que Galicia é potencia estatal na materia (por exemplo as Escolas Deportivas de Cipri Gómez, que abranguen toda a provincia) foi unha das entidades que mellores resultados obtivos, con 35 metais e 10 campións de España), para saber os porqués desta progresión queremos falar cun dos culpables, que non é outro que Cipriano Gomes, unha verdadeira lenda deste deporte, que a través da Fundación Cipri Gomes, está a traballar arreo coa xente de Bergantiños.

”Teño que confesar que mesmo confiando no bo papel dos pontecesáns, sorprendeume o nivel de competitividade e os resultados dos rapaces”, recoñecía Cipri esta semana analizando o papel costeiro nos campionatos celebrados en Santiago. Pero é que Cipriano non contaba coa “calidade da xente da comarca, que os leva a ser rapaces cunha certa forma que en competición vale moito: xente moi perserverante, tenaz, disciplinada. Unha xente singular, máis áxil, máis vivo, moito máis independente que a xente das cidades”, conta comparando as súas experiencias de todos estes anos.

”Levo tempo meditando que aquí en Ponteceso hai unha moi boa canteira, con estes 3 rapaces facendo de punta de lanza para que a Escola continúe e siga colleitando resultados”, conta con ilusión. “Hai ilusión, hai un grupiño que tira para adiante, para asentar a Escola para que non sexa unha moda pasaxeira. Creo que se están forxando cimentos para que o Kickboxing na zona de Bergantiños teña denominación propia”, apunta rotundo.

Gomes explica o proceso de traballo, que se fai “en dúas direccións: o traballo de base, para facer que o kickboxing sexa fío condutor para a práctica do deporte e seguir adquirtindo hábitos de vida saudable; e por outra parte no eido deportivo e competitivo, que se sigan exemplos como Gonzalo, que xa comezou antes de empezar as Escolas, que sirvan de exemplo, de referencia e mesmo de metas a alcanzar”.

Para iso valen estes Campionatos como o pasada fin de semana. Ademais dos 3 medallistas, participaron outros rapaces que “o que teñen é ir collendo experiencia e facendo combates, e aprendendo dos acertos e dos erros. Agora temos unhas moi boas novas instalacións para seguir traballando, nas que estamos moi contentos, pois podemos duplicar os adestramentos, e todos os aparellos dan moito xogo. É o xeito de forxar campións”.

Cipriano con Martin Nerea e Gonzalo-Kickboxing Ponteceso Cipriano con Martin, Nerea e Gonzalo, triunfadores no campionato de España da pasada fin de semana

Formando canteira, creando futuro

Ricardo pereira-Kickboxing Ponteceso Ricardo Pereira foi clave para crear as Escolas de Kickboxing en Ponteceso

A idea é que as Escolas teñan o futuro na casa. Por iso, Gonzalo vaise examinar esta mesma semana do cinturón Negro 1º Dawn. “É un completísimo deportista, chegando o máis alto na competición, pero tamén queremos ir formando a xente para que sexa novo mestre da modalidade, e así darlle continuidade á Escola”, explica Cipriano entendendo que o futuro da escola pasa por mans como as de Gonzalo.

Gomes non pode desaproveitar a ocasión para lembrar unha das persoas máis importantes na creación das Escolas Municipais de Ponteceso. “Cómpre recoñecer o traballo dunha persoa, Ricardo Pereira, por todo a implicación que puxo, colaborando ca Fundación para o desenvolvemnto da Escola Municipal de Ponteceso, facendo que o kickboxing de Ponteceso sexa referencia na Costa da Morte e en Galicia. Con xente como el podemos chegar a facer algo grande”.

Recepción municipal

Agora, os membros da o club recibirán o vindeiro luns 4 de decembro ás 17:00h o recoñecemento do Concello, nunha cita que lles serve de pequeno premio para seguir traballando.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios