Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Os maiores de Ponteceso soben ao carro de Susa da Chasca

Os maiores de Ponteceso soben ao carro de Susa da Chasca

Continúan os maiores de Ponteceso lembrando a figura de Susa da Chasca. E o fan a través da Escola Municipal da Terceira idade, que leva o nome da histórica matroa.

E moito aprenden estes maiores nas aulas. Ademais das sesións de informática, a Escola Susa da Chasca prantexa curiosas actividades, como a desenvolta o pasado luns 6 de febreiro no Centro Cultural en Ponteceso, "Súbete ao carro".
esta actividade, 40 maiores do Concello disfrutaron de actividades como: sendeirismo, ximnasia, talleres de creatividade e memoria, retomaron a lectura e a escritura. Onte rematou a actividade coa entrega de diplomas e dende o Concello lle organizaron unha pequena festa onde poideron falar entre eles de todo o que dou de si "súbete ao carro".

Talleres de memoria

Aquí as vemos no Taller de memoria, organizada na Casa do Mar de Corme, onde participan 17 maiores do pobo.

Dende a Concellaría de Servizos Sociais están moi contentos coa participación veciñal nestas actividades, o que indica que a demanda de formación por parte deste colectivo é cada vez maior.

A Escola trasladarase en breve a parroquia de Xornes onde se organizará un taller de memoria.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.

comentarios