Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os maiores de Ponteceso aprender a ser vellos na Escola

Os maiores de Ponteceso aprender a ser vellos na Escola
Os maiores de Ponteceso aprenden a ser vellos-Foto- Fatima Fdez

Esta pasada fin de semana foi inagurada, con gran éxito de participación a Escola Municipal da Terceira Idade do Concello de Ponteceso. O novo programa de envellecemento activo Saber ser (B)Vello, arrinca con intención de q ue os maiores volten á Escola. Son 34 os maiores apuntados que volverán a compartir pupitre.

As sesións serán os martes e venres no edificio das escolas e realizaranse diferentes actividades. A Autonomía, a Estimulación cognitiva, a Psicomotricidade, o Termalismo social terán cabida nas sesións, para rematar cunha gran Festa de baile, neste programa artellado polo Concello pontecesán e que conta con parte de subvención da Deputación.

Maiores de Ponteceso de volta as aulas

Viaxe á neve. Estación de San Isidro

E dos maiores imos aos pequenos, pois a viaxe a León para nenos nacidos nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 xa está preparada. O prezo será de 36 euros inclúe transporte, estancia en albergue, aluguer de material e actividades varias. Actividade organizada pola Deputación Provincial coa colaboración do Concello. Prazas limitiadas. Efectuarase a preinscrición e, según o número de prazas concedidas pola Deputación, asignaranse por sorteo, diante da Secretaria do Concello. As instancias presentaranse na Casa do Concello ou na Oficina Municipal en Corme.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Fátima Fernández.

Comentarios