Venres. 26.04.2024
El tiempo

A emigración une en solidariedade a Corme e Pasaia

A emigración une en solidariedade a Corme e Pasaia
Pasaia-Ponteceso

Que a emigración une pobos non cabe dúbida. E un exemplo acontecía estes días, cando o lugar de Trintxerpe, no Concello de Pasaia, no País Vasco, sufría un duro incendio que arrasaba varios edificios, tendo mesmo que desaloxar a 42 familias. O caso é que a zona de Pasaia é unha das zonas que máis emigrantes pontecesáns, sobre todo cormeláns, acolleu nos últimos anos.

Así, o teniente de alcalde Óscar Rey Calo, enviaba unha carta ao Concello vasco ofrecendo o seu apoio: "Queremos trasladar a nosa solidariedade e apoio ás vítimas do incendio, ofrecéndolles nosa colaboración e agarimo desde este recuncho de Galicia que nunca esquece aos seus emigrantes. Rogo trasladen esta mensaxe ás familias afectadas, a Yolanda Cousillas e Maite Branco Mantiñán, así como a todos os cormeláns", sinala a misiva, enviada polo teniente alcalde pontecesán.

Un claro exemplo de solidariedade provocada pola migración.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios