Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Unha exposición de "visións dende a emigración"

Alejandra Plaza exposicions
Alejandra Plaza é a armadanzas da exposición
Unha exposición de "visións dende a emigración"

A comunidade embaixada.gal organiza todos os anos un proxecto que da a coñecer cada 25 de xullo. A temática do proxecto no ano 2021 era o Camiño de Santiago, por ser o ano 2021 ano xacobeo. Dese proxecto naceu a exposición "O Camiño", no que xente da emigración de todo o mundo, amantes de Galicia e que fixeran o Camiño ou non, aportaron unha ilustración cun motivo representativo da súa concepción do que é o Camiño.

Nesa recollida de distintos sentimentos e das distintas visións que provoca o Camiño participaron nenos e adultos. Resultado de todo isto é a exposición colectiva que recolle a visión dos galegos espallados polo mundo, dende Bélxica, Holanda, Toledo, Arxentina, Brasil, etc. 
Cada cadro ten a súa historia e mesmo reflicte un sentimento tan galego como é a morriña. 

A exposición saíu de Fráckfut da man de Alejandra Plaza, fixo unha parada no País Vasco e esta semana chegou a Ponteceso. 
Ponteceso Cultura Permanente participou nesa iniciativa de embaixada.gal organizanzo o concurso "Ponteceso co Camiño", do que foi gañador Diego Pérez, un gran pintor madrieño coñecido xa na Costa da Morte, onde é habitual gozar da súa arte.

Con este proxecto chega outro denominado "Largando redes" que se converteu na portada dun libro en xaponés, no que participou embaixada.gal falando das relacións sociais entre os galegos no tempo da pandemia. 

Como todas as exposcións que chegan da man de Ponteceso Cultura Permanente a Ponteceso, esta tamén está instalada no Bar O Cruce (Avda. Eduardo Pondal, 66).

Arte e Cultura para poder gozar en Ponteceso.


 

Comentarios