Fabas, deporte e chuches de outono na fin de semana pontecesá
As protagonistas foron as Fabas, sen dúbida. Case 300 kg de fabada servíronse na 27ª edición da Feira das Fabas da Trabe de Ponteceso, onde pediron que a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.
Pero ademais de gastronomía, a fin de semana pontecesá tivo tempo para todo. Este ano foi a Asociación Abellariza a que amenizou a Feira das Fabas da Trabe, e fíxoo con moito deporte misturado con diversión e chuches propias deste tempo coma son as castañas, a rosca, e o chocolate.
Carpa da AbellarizaMáis de 200 personas pasaron pola carpa do Magosto Deportivo da Abellariza, ou tamén denominado por eles mismos coma O Día do Deporte na Rúa. No campo da feira houbo equipos improvisados de volei, badminton, baloncesto, futbol e tenis de mesa. Dende os máis cativos ate un equipo femenino de baloncesto de mulleres que alí estaban cos seus fillos, e algunha cos seus netos.
Finalmente consumironse 30 kg de castañas, 25 litros de chocolate, é cinco roscóns talla XL, iso pode dar unha idea das forzas que gastaron todos os asistentes a este evento.
A organización quedou moi contenta coa resposta da xente, e xa están preparando a próxima andaina do día 12 de novembro, na que percorrerán o segundo tramo da 2ª Etapa do Camiño dos Faros, dende Corme ate Ponteceso, lembrando que o primeiro tramo tivo un rotundo éxito de participación.
Novas relacionadas
- Abellariza organiza unha andaina dende Niñóns ata Corme.
- A Abellariza colle folgos para seguir armando máis actividades
- Abellariza e o deporte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).