Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As fadas de Pondal, a nova campaña permanente de apoio ao comercio local de Ponteceso

Fadas Pondal
As fadas de Pondal, a nova campaña permanente de apoio ao comercio local de Ponteceso

Dotar de personalidade o comercio local. É a intención coa que o Concello de Ponteceso pon en marcha a iniciativa ‘As fadas de Pondal voando libres polo comercio local’. Trátase dun plan permanente a través do cal o executivo local pretende vencellar aos máis de 50 establecementos do municipio as figuras das feiticeiras que aparecen nos poemas do escritor pontecesán.

A partir desta iniciativa permanente que mestura as nove fadas de Pondal co comercio irán saíndo campañas temporais nas que se poñerán en marcha diferentes accións concretas para fomentar que a veciñanza adquira produtos nos establecementos do Concello de Ponteceso.

“Trátase dun xeito de xerar unidade nos negocios do concello e darlle pulos a partires dunha estratexia que busca a diferenciación: mercar no comercio de proximidade é fomentar, dun xeito case máxico como son as fadas de Pondal, a economía local. Debemos apostar por produto de calidade, co selo pontecesán que recalca a vinculación co noso escritor máis senlleiro”, apunta o alcalde, José Manuel Mato.

Comentarios