domingo. 01.06.2025
El tiempo

Ferido o condutor dun camión ao saírse da vía en Ponteceso

Ferido o condutor dun camión ao saírse da vía en Ponteceso
O condutor dun camión –de orquesta- resultou ferido ao saírse da vía cando circulaba á altura da parroquia de Cores, en Ponteceso. O accidente ocorreu sobre as 07:30 horas desta mañá. Foi a esa hora cando o CAE 112 Galicia recibiu a chamada dun alertante informando do suceso. Indicou que o camión, ao saírse da calzada, parou nunha leira e o seu condutor estaba ferido. Decontado, pasouse aviso a Urxencias Médicas, aos axentes de Tráfico e aos efectivos do GES de Ponteceso. Os Bombeiros de Carballo tamén foron informados polo persoal do 112 Galicia. Fonte
  • Axega.

Comentarios