Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Festa do Percebe quece motores para unha festa integral

Programa Festa do Percebe do Roncudo 2023
A Festa do Percebe quece motores para unha festa integral

Menudo programa prepararon Concello e Confraría para a XXXI Festa do Percebe do Roncudo. Co gallo de evitar o botellón e favorecer o consumo nos bares da vila, hai actividdes ao longo do día.

Xa dende as 11:00h da mañá a Mekanika Rolling Band fará o pasarrúas rockeiro polas rúas da vila. A cocción comeza ás 12:30h, hora que abre a Mostra de Artesanía, para comezar a repartir “o mellor marisco do mundo” nas carpas do porto a partir das 14:00h.

O pregón, a cargo da Asociación Camiño dos Faros, será ás 13:30h. Fermosa homenaxe que rende a Agrupación de Percebeiros e Percebeiras a esta entidade que ten creado un dos produtos turísticos máis importantes da última década para a Costa da Morte, a pesar da falta de compromiso das institucións coa súa homologación.

Un dos momentos da tardenoite será ás 19:00h, co Concerto dos Herdeiros da Crus na Praza da Ribeira. Prevese cheo absoluto. A partir de aí, charancha, pinchada de música galega contemporánea, concerto-pasarrúas dos Festicultores Troupe (unha das mellores charangas do país) e fin de festa coa pinchada de Drew.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios