O Festiletras, A Pita Xefa e Embaixada.gal, as propostas costeiras no Culturgal

Esta pasada fin de semana celebrouse en Pontevedra a Culturgal Feira Industrias Culturais de Galicia. A cita máis importante do ano onde ducias de propostas culturais expoñen as súas ideas e actividades.
Alí estiveron a Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco presentando a 40ª edición do Festiletras, que ten xa datas, do 1 ao 4 de setembro de 2022. As reaccións das xentes que pasaron por alí non puideron ser maiores, nesta escalada que convirte á pequena aldea do Couto a capital das Letras Galegas de toda Galicia.
Tamén estivo presente o proxecto que comanda a nosa Alejandra Plaza, Embaixada.gal estivo en representación da diáspora do século XXI, que enviou este vídeo:
Ademais, a fisterrá Marta Lado, levou o seu libro “ A pita xefa”, e o ensinou en sociedade:
A pita xefa tamén estivo no @culturgal_feira_ @marina.seoane.pascual
— Marta Lado (@martafisterra) November 28, 2021
@baiaedicions#apitaxefa #literaturaigualdade #literaturainfantil pic.twitter.com/wxaXU5uILs