Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Goberno central paga as facturas que debe o Concello de Ponteceso

Minones e Maria Rivas en Ponteceso
Visita da subdelegada María Rivas e o Delegado do Goberno José Miñones a Ponteceso
O Goberno central paga as facturas que debe o Concello de Ponteceso

Celebrábase este pasado luns o pleno de maio en Ponteceso. Un novo pleno cheo de insultos, berros, e acusacións que se alongou en máis de 3 horas para apenas aprobar un par de mocións sobre a elección de Xuiza de Paz e a solicitude de compativilidade dun funcionario do GES.

Porque o resto de mocións foron desbotadas. O grupo de goberno volvía presentar, por enésima vez, a aprobacion dun recoñecemento extraxudicial (ou mesmo unha actuación con cargo ao remanente) para pagar as facturas dun Concello non puido pagar polos mecanismos habituais. As votacións dos diferentes puntos foron semellantes: 3 votos a favor do PSOE; 2 abstencións de APIN e 2 abstencións de PP; e os 5 votos dos non adscritos.

“Eu se non teño diñeiro para comprar roupa, non compro roupa”,espetáronlle directamente os edís non adscritos explicando a súa negativa a aprobar ningunha proposta que chega cos reparos de intervención, e sen facer uns orzamentos reais. “É vostede o que enganou a esa xente, a eses autónomos. Faga uns orzamentos reais e logo falamos”.

Visita do Delegado do Goberno

Curiosamente, unhas horas despois dese pleno no que se desbotaron os métodos para pagar esas facturas a ducias de autónomos que levan anos esperando, o Concello de Ponteceso recibía a visita do Delegado do Goberno José Miñones, para explicar o novo mecanismo aprobado en xaneiro polo que o Ministerio de Facenda Pública adiantará o abono das 13.363 facturas que 28 concellos de Galicia teñen pendentes de pagar.

Ponteceso, por suposto, é un deles, e gracias ao goberno central poderá afrontar o abono de 675 facturas por valor de 491.833,14 euros, para evitar que sigan perdendo valor ou desaparezan.

Comentarios