Martes. 15.10.2024
El tiempo

Hai canteira para a Festa das Letras do Couto

Hai canteira para a Festa das Letras do Couto

Coma sempre impresionante o seguemento da veciñanza no Festa das Letras do Couto. A Asociación Monte Branco conseguiu facer fos veciños os verdadeiros protagonistas, e eso permite que haia tanta xente implicada para que unha pequena aldea de Ponteceso e da Costa da Morte se erixa como unha cita ineludible nas Letras Galegas.

"Estou moi orgulloso", coméntanos Xosé María Varela, que se louba da calidade dos produtos culturais. "Temos xa que exportar produto dende a Costa, que aquí temos moitas cousas que dicir, sobre todo en cuestión de dinamización", asegura Xosé María Varela.

Pero do que máis se enorgullece Varela é da gran canteira que acadou Monte Branco. "Foi impresionante vir a todos os rapaces de entre 16 a 25 anos, sendo auténticos artistas na escenificación de "As noites do prácido luar". Un programa que repetiremos no verán como produto turístico, porque merece moito a pena", comenta. Hai canteira, e canteira de artistas no Couto.

Para seguir sementando, Monte Branco levou de novo a cultura ao cole. Ademais, os contadores de historias eran da casa, como os Esteban e Tamara, alumnosdas escolas de Teatro do Couto, e a cabanesa Silvia Losada, unha artista das lestras.

Novedades

Sorprendeu o fantástico funcionamente do formato pequeno co concerto íntimo de Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Vázquez. Un concerto pequeno, agradable que non sofre a distancia dos grandes concertos. "É unhaproposta moi interesante para explotar no futuro", asegura Varela.

O éxito de Milladoiro non foi tanta sorpresa. A entidade contou con esta banda referente que cumpría 30 anos. O Festiletras cumpriraos para o ano que vén.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios