As Letras toman O Couto


Xa temos maquetado o Programa da XXIX Festas das Letras Festiletras 2011. Unha maquetación especial xa que a imaxe é creada este ano nada menos que polo debuxante Kiko Dasilva, coñecido creador da Revista Retranca.
Son 9 días dende este sábado 14 ao domingo 22 de maio, cheos de actividades relacionadas coa lingua galega. O homenaxeado Lois Pereiro terá que compartir prtagonismo coa conmemoración do 150 aniversario da publicación do poema "A campana de Anllóns", do bardo Eduardo Pondal. Pero é que as propostas son espectaculares.
Persoeiros fundamentais no eido cultural de todo o país estarán na pequena aldea gala do Couto. Haberá teatro con Candido Pazó, Quico Cadaval ou Santi Romay, un concertazo con Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz; a pintura farase en verso con xentes coma Xosé Pumar Gándara, Rosalía Fdez, Mon Lendoiro ou Viki Rivadulla, entre outros; obradoiros con Lucho Penabade... Ademais, os locais Luís Giadas e Xosé Manuel Varela seguirán recuperación tradición.
Unha das claves ademais desta proposta é que chega a toda a veciñanza. Maiores, pequenos e medianos terán o seu espazo para disfrutar desta festa nacional das letras galegas.
Programa do Festiletras 2011





Máis información
Novas relacionadas
- O FestiLetras volve con lingua no Couto.
- Unha guía para navegar en galego.
- Manuel Suárez achega as Letras Galegas aos Galeguayos de Bos Aires.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).