O IES Eduardo Pondal abre as portas á veciñanza do seu Mercado de Nadal
08:03 19/12/24
O venres 20 de decembro, o IES Eduardo Pondal abrirá as súas portas ao público entre as 11:00 e as 13:30 para todos e todas os que queiran participar no seu II Mercado de Nadal.
Nel poderanse atopar accesorios elaborados polo alumnado participante no Proxecto LÓVA, produtos feitos a man de Orballo Artesán, postos para recadar fondos para a viaxe de fin de etapa de 4º da ESO: doces e chocolate quente; libros e obxectos de segunda man, etc.
Venderanse tamén rifas para a cesta de Nadal e outra cesta con produtos de beleza. Os sorteos terán lugar ás 13:30.
O público poderá sacar fotos no photocall ao ritmo dos grandes hits navideños, asistir como público ás pachangas de fútbol ou participar no obradoiro de adornos de Nadal de Polos Creativos.
Outras novas