Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Ponteceso acolle un obradoiro para revitalizar a paisaxe da aldea do Couto

Este taller, que estará dirixido polo arquitecto urbanista José Fariña, comeza este mércores e desenvolverase ata o día 30.

Imaxe da aldea do Couto, en Ponteceso.
Imaxe da aldea do Couto, en Ponteceso.
Ponteceso acolle un obradoiro para revitalizar a paisaxe da aldea do Couto

A Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza o Obradoiro: Revitalizar a paisaxe rural. Aldea de Couto no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe.

O obradoiro, dirixido polo arquitecto urbanista José Fariña, comeza mañá e desenvólvese ata o día 30. O obxectivo principal é divulgar este territorio e os seus recursos, incorporando o medio rural e a paisaxe coma obxectos de investigación, para a formulación de propostas de revitalización da aldea de O Couto e a súa contorna que poidan poñela en valor para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, considerar a innovación no agro como xerador de emprego e emprendemento, incrementar os valores ambientais e divulgar a cultura e os valores do medio rural.

No acto de inaguración, previsto para este mércores ás 13.30 no Couto, participarán Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Xosé Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso; Isabel Aguirre de Urcola, directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega e José María Varela, xerente da Fundación Eduardo Pondal.

Comentarios