Martes. 15.10.2024
El tiempo

José Manuel Mato asume as rendas dun PP de Ponteceso para “recuperar a normalidade”

Presentacion MATO PP Ponteceso
José Manuel Mato asume as rendas dun PP de Ponteceso para “recuperar a normalidade”

“Chegou o momento de que en Ponteceso se deixen de lado os bandos e a división, é momento de recuperar a xestión e devolver a normalidade ao día ao día do municipio e da vida dos veciños”.

Así se presentaba oficialmente este venres José Manuel Mato como candidato ao PP de Ponteceso ás eleccións municipais do vindeiro 2023. Mato xa participou a semana pasada nunha reunión do PP bergantiñán e leva tempo tomando as decisións no seo do grupo popular pontecesán. Un grupo en proceso de cambio dende a expulsión do voceiro Daniel García Cotelo (hoxe edil non adscrito) que leva dirixido por unha xestora formada por Marta Carrillo e Ana Vecino dende novembro do ano pasado.

Quixeron arroupar a Mato na súa presentación o presidente provincial, Diego Calvo, polo secretario xeral dos populares, Evaristo Ben, a vicesecretaria e conselleira, a pontecesá Ethel Vázquez; o delegado da Xunta na Coruña Gonzalo Trenor ou o empresario ceense Jesús Picallo. Un Picallo que dixo que "hoxe é o comezo dunha nova etapa en Ponteceso".
Mato tirou de clásicos como de que chega “cunha forma diferente de facer política” ou que busca “unir ao maior número de veciños ao redor dun proxecto no que terán cabida todas aquelas persoas que queiran sumar para mellorar o presente e futuro de Ponteceso”.
Pero tamén deixou patente o seu rexeitamento ao clima absolutamente circense do pleno municipal: “Os veciños están cansados de acusacións que non levan a ningunha parte. A xente necesita un goberno que non cause problemas, que xestione e que solucione as necesidades que existen no Concello”, apuntou.

Calvo destacou todos os anos que leva traballando Mato en Ponteceso (é responsable da aseguradora Reale en Ponteceso e Cee), e o “querido” e coñecido que é, despois do seu paso polo fútbol da Costa como presidente ou adestrador do Ponteceso SD.

FOTO GESTORA PONTECESO

Novas relacionadas

Comentarios