Licitan un plan contra a inundación do Anllóns en Carballo
07:59 27/03/17
O parque de Anllóns asolagado en Carballo-Foto-Concello
Seguen metendo medo o Anllóns en tempos de crecidas. Así o sofre cada ano un Concello de Ponteceso que segue buscando posibles solucións. Unha podería pasar polas accións que vai desenvolver a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que a través de Augas de Galicia licitará este un plan específico da área de risco potencial de asolagamentos no concello de Carballo para avaliar as incidencias que o Anllóns pode provocar ao seu paso polo termo municipal.
Un plan que levará asociado solucións integrais para os problemas concretos de inundacións de ditas áreas, co fin de prever e preparalas ante episodios de asolagamentos, para protexer estes ámbitos fronte a este tipo de fenómenos e recuperar as zonas afectadas.
Novas relacionadas
Fonte
- Xunta.