Venres. 19.04.2024
El tiempo

O MACCMO acolleu de novo o curso de encaixe de Mariña Regueiro

Curso encaixe_Ponteceso
Curso encaixe_Ponteceso
O MACCMO acolleu de novo o curso de encaixe de Mariña Regueiro

Mariña Regueiro González-Barros, volveu ofrecer este ano un novo curso intensivo de encaixe de bolillos. Ao longo de toda esta semana, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme, acolle esta formación dunha pioneira da ensinanza intensiva de encaixe en España e que abriu a súa primeira escola en Corme en 1982.

Mariña Regueiro copia

As asistentes ao curso de encaixe de bolillos tiveron a oportunidade de mergullarse nesta arte e na que poderán coñecer de primeira man as súas principais técnicas.

Amais, o propio martes 17 agosto, Mariña Regueiro González-Barros presentou o libro “Poemas e haikus” do que é coautora con Rocío Utray, no mesmo MACCMO.

Un MACCMO que acolle ademais unha mostra de encaixe contemporáneo pero dun xeito especial. As creacións de encaixe están expostas en troncos e ramas que foron recollidas logo do paso do temporal de neve Filomena que o pasado xaneiro de 2021 afectara a Madrid.
A mostra “Filomena” da artista Rocío Utray quedará exposta ata a finalización do curso intensivo de encaixe impartido por Mariña Regueiro, ata o sábado 21 de agosto.

Comentarios