Venres. 29.03.2024
El tiempo

O MACCMO xa viste a bandeirola colaborativa feita pola veciñanza

bandeirola do MACCMO
O MACCMO xa viste a bandeirola colaborativa feita pola veciñanza

Xa viste de arte colaborativa a fachada do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme. Esta fin de semana colgaron a bandeirola realizada coa participación das e os veciños do Concello de Ponteceso que formaron parte do proceso de creación.

A través dunhas 55 pequenas lonas a pegada artística dos pontecesáns quedará reflectida para sempre no gran mosaico do museo, a través da pintura, traballos de redeiras, debuxos, collage, punto de cruz, bordados e mesmo fotografías que están presentes nestas pezas e obras artísticas únicas creadas por persoas de entre 7 e 90 anos.

Comentarios