Martes. 29.11.2022
El tiempo

Máis de 100 [email protected] aprenden informática en Ponteceso

Máis de 100 [email protected] aprenden informática en Ponteceso

Continúa o Concello de Ponteceso traballando para reducir a fenda dixital. É un dos Concellos que máis se esforza en reciclar á veciñanza e axudar á poboación, pequenos e maiores, a aprender as ferramentas básicas para o uso das Novas Tecnoloxías. Así, a pasada semana puxo en marcha esta semana os cursos de iniciación á informática, windows 7 nivel avanzanzado e informática didáctica para nenos de 9 a 12 anos.

Cabe destacar que a participación neses cursos alcanza os 100 alumnos e alumnas nas parroquias de Brantuas, Xornes, Corme e Ponteceso.

Estes cursos desenvolveranse ata o mes de abril nestas parroquias. A partir de aí o Concello seguirá con formación nas parroquias de Pazos, Anllóns e Cores. O obxectivo é rematar o ano formando en novas tecnoloxías nas parroquias onde haxa demandanda.

E cómpre lembrar que esto é posible porque o Concello de Ponteceso conta cunha aula itinerante de novas tecnoloxías subvencinada pola Deputación.

Novas relacionadas

comentarios